Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa, dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 96/809 R.C.I. 15/13045).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Maderas Mendaña, S.A., con enderezo social no lugar de Campolongo, s/n, no municipio de Pontedeume, para a autorización administrativa da instalación que se vai executar na factoría da empresa situada na anterior dirección.

Planta de coxeración de enerxía eléctrica de 1.997 kW de potencia eléctrica en bornes do xerador que se vai instalar dentro do recinto da súa industria de serradoiro de madeira, e composta fundamentalmente de:

-Un motor de combustión interna alternativo funcionando con fueloil ou gas, de 2.400 kW de potencia mecánica, caso de utilizar como combustible fueloil ou de 2.080 kW caso de utilizar gas.

-Un xerador síncrono trifásico de 2.500 kVA, tensión de xeración 6 kV, factor de potencia 0,8.

-Un centro de transformación 20/6 kV con transformador de 3 MVA tipo interior.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calores, de baixa tensión, de regulación e control de todo o sistema e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

A inversión necesaria para a planta estímase en 227.058.803 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 11 de novembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8615