Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.524

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 12 de novembro de 1996 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 19 de setembro de 1996 (DOG número 190, do 27 de setembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 19 de setembro de 1996 (DOG nº 190, do 27 de setembro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6º da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-los funcionarios que se citan no anexo desta orde para ocupa-los postos que así mesmo se señalan.

Segundo.-O cesamento nos actuais destinos efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.

A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento, ó tratarense de postos radicados na mesma localidade.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderan interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

ANEXO

-N.R.P.: 3424799557 A2053.

Grupo: C.

Apelidos e nome: Illanes Pardo, Mª Luisa.

Código posto: EFC060000215770025.

Denominación do posto: xefe Sección Programas e Pagos do Sergas.

Nivel: 25.

Complemento E.: 1.147.368.

Centro directivo: Dirección X. Política Financeira e Tesouro.

Localidade: Santiago de Compostela.

-N.R.P.: 4030023168 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Vázquez Oliván, Mª Vicenta.

Código posto: EFC060000015770001.

Denominación do posto: secretaría do director xeral.

Nivel: 18.

Complemento E.: 524.508.

Centro directivo: Dirección X. Política Financeira e Tesouro.

Localidade: Santiago de Compostela.

8527