Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.524

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 11 de novembro de 1996 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 5 de setembro de 1996 (DOG número 181, do 16 de setembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 5 de setembro de 1996 (DOG nº 181, do 16 de setembro de 1996), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril, visto o Decreto 93/1991, de 20 de marzo e demáis normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Designar a funcionaria que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.

A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento, ó tratarse de postos situados na mesma localidade.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o interesado podera interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

ANEXO

Apelidos e nome. N.R.P.: Robao López, Julia. 3496826757 A2059.

Grupo: D.

Denominación e código do posto: Secretaria Director xeral. EFC070000015770001.

Nivel: 18.

Complemento E.: 524.508.

Centro directivo: Dirección xeral Planificación Económica e Relacións coa U.E.

Localidade: Santiago de Compostela.

8340