Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 22 de novembro de 1996 Páx. 10.525

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de outubro de 1996 pola que se convocan concursos de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG nº 210 do venres 25 de outubro de 1996, é necesario efectua-la seguinte rectificación:

Na páxina 2.514, base oitava, participación voluntaria, apartado 1.2, onde di: «Para os efectos previstos no apartado 1 entenderase como data de finalización do curso académico a do 30 de setembro de 1996.», debe dicir: «Para os efectos previstos no apartado 1 entenderase como data de finalización do curso académico a do 30 de setembro de 1997».

96-8516