Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, do contrato privado de seguro de vida e accidentes dos deputados e do persoal do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 11.1º e 79.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme ó modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publícase o seguinte anuncio de concurso público, polo procedemento aberto, do contrato privado de seguro de vida e accidentes dos deputados e do persoal do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 6/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso público, polo procedemento aberto, do contrato privado de seguro de vida e accidentes dos deputados e do persoal do Parlamento de Galicia.

O contrato sométese ó disposto no Art. 9 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

b) Número de persoas que se van asegurar: 75 deputados e 88 funcionarios.

c) Duración: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997 prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo: once millóns de pesetas (11.000.000 de ptas.), impostos incluídos.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento do contrato.

Definitiva: o 4% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702

d) Teléfono: (981) 56-16-00.

e) Telefax: (981) 57-10-41.

f) Fecha límite de obtención de documentos e información: ata dous días antes da presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

O asegurador reunirá os requisitos establecidos na Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: os 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario oficial de Galicia. De resultar inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a referida na cláusula administrativa terceira, 3.4 e 3.5 do prego de cláusulas administrativas particulares publicado no BOP número 552, do 14 de novembro de 1996.

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª entidade: Parlamento de Galicia.

2ª domicilio: Rúa do Hórreo nº 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): dous meses.

e) Admisión de variantes: non se establecen.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día hábil seguinte á data de remate de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

8207