Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación da subministración de mobiliario para o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Obxecto: subministración de mobiliario con destino ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Orzamento: trece millóns cincocentas mil pesetas (13.500.000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: quince (15) días.

Garantía provisional: duascentas setenta mil pesetas (270.000 ptas.).

Garantía definitiva: cincocentas corenta mil (540.000 ptas.).

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán á disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do Ilgga (rúa dos Irmandiños, s/n -Salgueiriños, Santiago de Compostela).

Presentación de propostas: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de depósito do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama no mesmo día.

Apertura de propostas: a apertura de propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano) ás once (11) horas do segundo día hábil contado a partir do seguinte ó remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reuniríase o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Presidente do Ilgga

8475