Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.494

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (195/1995).

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que, no dito xulgado e co nº 195/1995, se tramita procedemento de menor contía por instancia de Banco Gallego, S.A., contra José Daniel Ruanova Pazos, no que, por resolución desta data, se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e polo termo de vinte días os bens que máis adiante se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 3 de febreiro de 1997 ás 10.30 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segundo.-Os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado, no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. nº 1500-15-019595, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirvan de tipo, facendo consta-lo número e ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos e tampouco se aceptará a entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estarán na secretaría do xulgado, onde poderán ser examinados. Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate; entenderase tamén que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas.

Se na primeira poxa non houber ofertantes, sinálase para a segunda o día 3 de marzo de 1997, ás 10.30 horas, para a cal servirá de tipo o 75% do sinalado para a primeira; aplicaranse ademais as outras prevencións sinaladas para a primeira poxa.

Igualmente, se non houber tampouco licitadores na segunda poxa, sinálase para a terceira o día 1 de abril de 1997 ás 10.30 horas, que se celebrará sen suxeición a tipo. Quen desexa tomar parte nela deberá consigna-lo 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese celebra-la poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens que se citan na poxa e o seu valor.

-Predio rústico sobre o campo da capela, destinado a toxal de 24 áreas e 50 centiáreas. Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 740, libro 179, folio 37, predio 17.607. Taxación: 245.000 ptas.

-Vehículo Volkswagen Passat CL-I.6, C-6953-Y; taxación: 100.000 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o catorce de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

7766