Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da piscifactoría Veiga da Cabana, no río Torto.

O artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter á información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da piscifactoría Veiga da Cabana, no río Torto, término municipal de Riotorto.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase a disposisición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería de Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.

-Concello de Riotorto.

Tercero.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondientes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

9608281