Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.494

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (122/1996).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 122/1996, que se seguen por furto, cítasre a Ignacio Méndez Pedrosa, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día vintesete de novembro de mil novecentos noventa e seis, ás once trinta horas, compareza na sala de audiencias número 3, correspondente a este xulgado, sita na primeira planta do edificio dos xulgados, r/ Viena número 1, As Fontiñas, co fin de asistir á vista do devandito xuízo de faltas. Fáiselle saber que pode facelo acompañado de avogado, e advírteselle que deberá comparecer cos medios de proba de que intente valerse e que, se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en deereito.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1996.

O secretario

Rubricado

7868