Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 21 de novembro de 1996 Páx. 10.493

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (90/1996).

En virtude do acordado por providencia desta data, dictada nos autos de xuízo incidental 90/1996,

notifícaselle ó demandado a sentencia dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva seguinte:

«Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo incidental 90/1996, promovidos por Mª Paz García Martínez, como demandante, representada pola procuradora Treus Blanco, e dirixida polo avogado Díaz Fornas, contra José Pego Domínguez e Ministerio Fiscal como demandado.

Decido que, estimando integramente a demanda, acórdase a modificación da primeira das medidas contidas na estipulación primeira do convenio regulador aprobado pola sentencia dictada con data do 28 de xuño de 1995 nos autos de xuízo de separación matrimonial tramitados baixo o nº 185/1995, no sentido de atribuí-la garda e custodia dos fillos menores, Damián e Jennifer Pego García, ós avós maternos Alejandro García Ageitos e Manuela Martínez Oliveira, que os terán na súa compañía no domicilio destes últimos, en Laraga, 37, parroquia de Xuño, concello de Porto do Son, para o período comprendido entre o 15 de abril e o 1 de novembro de 1996. Non se fai especial pronunciamento en custas. Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no termo de cinco días, a partir da súa notificación ás partes. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ó demandado declarado en rebeldía, expido este edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o dezanove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

8393