Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO.

A Corporación Municipal en Pleno, na sesión celebrada o día 24 de outubro de 1996, adoptou o acordo de aprobar definitivamente, por maioría absoluta, o estudio de detalle, presentado por Manuel Ferreiro Viña e outros, sen modificación ningunha sobre a aprobación inicial, efectuada por acordo plenario do 19 de xuño do ano actual e cos mesmos fins e efectos que foron publicados no BOP, número 214, do 16 de setembro seguinte.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e faise saber que este acordo esgota a vía administrativa, polo que se poderá interpoñer contra o recurso contencioso-administrativo ante a sala desta xurisdicción do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación ou publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, último no que aparezca, no caso de interpoñerse recurso deberase comunicar previamente por escrito ó órgano que adoptou o acordo, segundo o que dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Melide, 26 de outubro de 1996.

Alcalde

Rubricado