Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO.

O concello en Pleno, na sesión celebrada o día 24 de outubro de 1996, acordou co quorum legalmente esixido, aprobar inicialmente a modificación puntual das ordenanzas reguladoras do plan parcial do parque empresarial de Melide, para os efectos de dar nova redacción ó artigo 67, deixándoo co texto que consta no expediente, unha vez recollidas no dito artigo as modificacións propostas pola Delegación Provincial de Urbanismo, no informe do 11 de setembro de 1996.

Conforme o artigo 114.1º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, sométese o expediente á información pública na secretaría xeral durante o prazo dun mes, desde que apareza este anuncio no último dos boletíns da provincia ou no DOG,e nese prazo poderá ser examinado e presentarse contra el as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, publicarase en La Voz de Galicia.

Melide, 26 de outubro de 1996.

Alcalde

Rubricado