Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO.

A Corporación Municipal en Pleno, na sesión celebrada o día 24 de outubro de 1996, adoptou o acordo, por maioría absoluta, de aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias da urbanización Taboada Roca, conforme consta e se describe no proxecto técnico redactado polo arquitecto Manuel Peleteiro Bandín, a instancia municipal e logo de informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 17 de setembro pasado.

Q cal se fai público durante o prazo dun mes, contando a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP, DOG e no xornal La Voz de Galicia, durante este prazo poderá ser examinado o expediente na secretaría municipal e formuladas alegacións ou reclamacións que se consideren procedentes, en cumprimento do establecido polo artigo 114.1 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño.

Melide, 28 de outubro de 1996.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde