Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a asistencia de formación do inventario e rexistro de bens mobles do concello da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: AS96/19.

2. Obxecto do contrato: formación do inventario e rexistro de bens mobles do concello da Coruña.

Prazo de execución: propoñerano os licitadores.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 14.990.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 299.800 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 14 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documento e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo I, subgrupo 4, categoría a.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación da asistencia de dixitalización de planos na rede de sumidoiros do concello da Coruña».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 29 de outubro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado