Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a asistencia de dixitalización de planos na rede de sumidoiros do concello da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: AS96/18.

2. Obxecto do contrato: asistencia de dixitalización de planos na rede de sumidoiros do concello da Coruña.

Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 20.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 400.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 14 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo I, subgrupo 1, categoría b.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación da asistencia de dixitalización de planos na rede de sumidoiros do concello da Coruña».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 14 de novembro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado