Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de vehículos (C.P. 9/1996).

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración de dous vehículos.

2. Orzamento: 3.000.000 de ptas. (IVE incluído).

3. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse nos 20 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase unha variante á oferta base.

5. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

10. Recollida de documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26-1ª planta Vigo, teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

11. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratacións do Estado.

12. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

13. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Vigo, 7 de novembro de 1996.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo