Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e o trámite de urxencia, para a contratación da subministración dun plan de necesidades: plan de montaxe de cirurxía cardíaca infantil (equipamento de UCI). C.P. 59/1996.

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración dun plan de necesidades, plan de montaxe cirurxía cardíaca infantil (equipamento de UCI).

Orzamento: 18.450.000 ptas.

Garantía provisional: 369.000 ptas.

Lote 1: plataforma de calor radiante ou asistencia intensiva.

Orzamento: 1.650.000 ptas.

Garantía provisional: 33.000 ptas.

Lote 2: respiradores P/prematuros e acabados de nacer.

Orzamento: 8.500.000 ptas.

Garantía provisional: 170.000 ptas.

Lote 3: bomba de hemofiltración.

Orzamento: 300.000 ptas.

Garantía provisional: 6.000 ptas.

Lote 4: quentador do sangue.

Orzamento: 300.000 ptas.

Garantía provisional: 6.000 ptas.

Lote 5: aparellos de administración de óxido nítrico.

Orzamento: 1.400.000 ptas.

Garantía provisional: 28.000 ptas.

Lote 6: monitores.

Orzamento: 6.300.000 ptas.

Garantía provisional: 126.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e trámite de emerxencia.

Prazo de entrega: quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Prezo ofertado: 50%.

2. Prestacións e calidade: 35%.

3. Vida útil, servicio técnico e mantemento: 15%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación (planta soto do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 71.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo pri

meiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 5 de novembro de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña