Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 23 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-171/96 e LU-208/96, por non ter constancia da súa recepción polo destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que, con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 23 de outubro de 1996.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

ANEXO

-Expediente: LU-171/96.

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI: 34.982.163.

Último enderezo coñecido: r/ Progreso, 202-1º D, A Rúa (Ourense).

Feito denunciado: transporta-lo día 19 de abril de 1996 no vehículo matrícula OR-3114-P, cen aves desde A Rúa ata Becerreá e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción proposta: 10.000 ptas.

-Expediente: LU-208/96.

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI: 34.982.163.

Último enderezo coñecido: r/ Progreso, 202-1º D, A Rúa (Ourense).

Feito denunciado: transporta-lo día 19 de maio de 1996 no vehículo matrícula OR-3114-P, sesenta aves desde Ourense ata Becerreá e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción proposta: 10.000 ptas.