Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de montes 96/058MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e do seu regulamento, do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario pora fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes. No mesmo prazo, ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do expediente.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 28 de outubro de 1996.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 96/058MP.

Denunciado: María Rivera López.

DNI: 32.509.386.

Último enderezo coñecido: r/ Curro-San Xoán. Ferrol.

Feitos denunciados: cortar sen autorización do MAN, árbores de crecemento lento.-Lei 4/1989 do CEN. Tipificación infracción:

Infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Cualificación infracción: 432 do Regulamento de montes.

Sanción: 88.500 ptas.