Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 96/0011 e 96/0060.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, disporán os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 22 de outubro de 1996.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 96/0060.

Denunciada: Mª Isabel Allo López.

Último enderezo coñecido: r/ Fernando Quiroga nº 17-1º Esq. A Coruña.

DNI: 33.275.356.

Feitos denunciados: acampar en lugar prohibido.-Lei 4/1989 do CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 33.3º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

Procedemento sancionador número: EN 96/0011.

Denunciado: Carlos del Río Vizcayno.

Último enderezo coñecido: r/ Romeral, nº 1. Las Rozas-Madrid.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do P. natural de Corrubedo.-Lei 4/1989 do CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 33.13º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.