Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o outorgamento de demasías número 2382.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública o outorgamento das demasías producidas na concesión Faro nº 2382, por resolución da Dirección Xeral de Industria con data 14-10-1996, situada no termo municipal de Salceda de Caselas, desta provincia, solicitadas por José Antonio Lemos Romero.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días a partir desta publicación, os titulares daquelas concesións mineiras estremeiras con Faro nº 2382, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 23 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra