Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o outorgamento de demasías número 795.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra fai que, en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública a resolución da Dirección Xeral de Industria de data 30-9-1996, pola que se outorgaron demasías producidas na concesión de explotación Mas nº 795, situada nos termos municipais de Salceda de Caselas e Tui, solicitadas por Cerámica Mas, S.A.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días a partir desta publicación, os titulares daquelas concesións mineiras estremeiras con Mas nº 795, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 17 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra