Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 15 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expedientes 105-1/1995 e 122/1995).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004-A Coruña, como entidade beneficiaria, de declaración de urxente ocupación para imposición de servidumes de paso de:

-Liña eléctrica a 20 kV desde a subestación de Sada ata a liña Breixo-Mera, no termo municipal de Oleiros (Expte. 105-1-/1995).

-Liña eléctrica a 15/20 kV dobre circuíto Meirama-Mesón do Vento, no termo municipal de Ordes (Exte. 122/1995).

As declaracións de utilidade pública, das referidas instalacións, que foron outorgadas con datas do 1 e 11 de xuño de 1996 respectivamente, levan implícitas en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal El Ideal Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Infórmase os propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou

por escrito que se reciba nesta delegación os datos para identificación dos bens que se afectan; e que, de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento

da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 15 de outubro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 105-1/1995Provincia: A Coruña

Liña 20 kV Sub. Sada a L.M.T. Breixo-MeraConcello: Oleiros

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

34/1MaiancaMonteManuel Prieto Tojeiror/ J. de la Cierva, 9-Pol.

Grela-Bens

15008 A Coruña

1342.144

35MaiancaMonteLuis Portela GarcíaEstr. Montrove,

90-4º D-Perillo

15172 Oleiros

50800

66BroñoLaborHros. Juan GalánDomicilio ignorado315

75BroñoLaborJosé A. Deus Nogueirar/ Enrique Dequit, 16-1º

15005-A Coruña

2216222

82BroñoLaborRamón Otero Oteror/ Viñas de Babilonia,

38-Stª Cruz

15179 Oleiros

1128280

83BroñoMonteJacobo Rey Goldarr/ Matadoiro, 56

15002-A Coruña

117112

87BroñoMonteRicardo Planas García

de Dios

r/ Puerto Rico, 8

28016-Madrid

28448

90BroñoMonteHros. Asunción Vecino

Cancelo

Rúa do Cobo, 14

15173-Oleiros

20320

91/4BroñoMonteRicardo Planas García

de Dios

r/ Puerto Rico, 8

28016-Madrid

921241.984

91/5BroñoMonteComunal concello15173-Oleiros20320

93RevistaMonteDomingo Cubeiro Ares

Rpta. Manuel Temprano

Arillo, 18

15178-Oleiros

62661.056

93/1RevistaMonteJosé Cubeiro Ares

Rpta. Manuel Temprano

Arillo, 18

15178-Oleiros

521241.984

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 122-1/1995Provincia: A Coruña

Liña: 15/20 kV Meirama-Mesón do VentoConcello: Ordes

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

4A RevoltaToxeiraJesús Blanco BlancoSalgueira, 4-Mesón do Vento

15689-Ordes

30420

15A XesteiraLaborJosé Candal NoyaAdina, 15-Mesón do Vento

15689-Ordes

12120

17A RevoltaLaborAntonio Candal VeirasMesón do Vento, 28

15689-Ordes

16160

22QuenllónToxeiraJosé Candal NoyaAdina, 15-Mesón do Vento

15689-Ordes

11176

27Os CarrísLaborJosé Candal NoyaAdina, 15-Mesón do Vento

15689-Ordes

30300

49ChouseloToxeiraJosé Sánchez CaamañoO Seixo, s/n-Ardemil

15680-Ordes

10210100