Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a declaración de auga mineral-natural do manancial Fonte Serra Argallo.

Dando cumprimento ó artigo 24 da Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo e artigo 39 do seu Regulamento xeral, Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Pontevedra fai pública a Resolución con data 23-9-1996 da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, pola que se declara a condición mineral-natural das augas que xorden do manancial Fonte Serra Argallo, sito en terreos propiedade da comunidade de veciños de Goián, no lugar de Corvo, parroquia de Goián, do concello de Tomiño.

Todo aquel que se considere interesado pode comparecer en forma no expediente no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó desta publicación.

Pontevedra, 14 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra