Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.442

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (196/1996-3).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo número 196/1996-3, sobre reclamación de cantidade, nos que é demandante Banco Central Hispanoamericano, S.A. e demandados, José Manuel Bello Rey e Mª Josefa Rodríguez Varela, sendo a contía do asunto a de 1.215.252 pesetas de principal, máis 600.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, son citados de remate os demandados José Manuel Bello Rey e Mª Josefa Rodríguez Varela para que, no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poidan oporse á execución, comparecendo nos autos por medio de pro

curador, apercibidos de que, de non o efectuaren, serán declarados en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen volver a citalos, nin facerlles outras notificacións que determine a lei. Notifícaselle-lo embargo dos seguintes bens:

-Rústica: predio a monte denominado Chousa da Ínsua, sito na parroquia de Barizo, concello de Malpica de Bergantiños. Superficie de 10 áreas, 56 centiáreas, equivalentes en medida local a dous ferrados. Limita: norte, monte de José Couto Romero; sur, pista en proxecto de cinco metros de largo; leste, máis de Asunción Cousillas Gulín; e polo oeste, monte de Clarisa Varela.

-Parte proporcional que corresponda de primas, comisións, bonificacións, soldo, pagas extraordinarias ou calquera tipo de percepcións que reciba José Manuel Bello Rey da empresa Prosperity, S.A de Seguros y Reaseguros, con domicilio na r/ Nicaragua, 4, da Coruña.

-Saldos bancarios a favor de José Manuel Bello Rey e Josefa Rodríguez Varela de Caixa Galicia, Banco Pastor, Banesto e BBV.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados José Manuel Bello Rey e Mª Josefa Rodríguez Varela, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1996.

O secretario

Rubricado