Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.442

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (331/1996-3).

Eu, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que nos presentes autos de xuízo executivo seguido ante este xulgado co número 331/1996, promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador García-Picoli, contra o demandado Fernando Méndez López e outros, sobre reclamación de cantidade de 282.834 pesetas, importe de principal e 100.000 pesetas que se calculan para xuros e 90 pesetas que se calculan para custas; e dado que o demandado se atopa en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto cítase o dito demandado, co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza en autos en legal forma, mediante procurador e letrado, e se opoña á execución se lle conviñese, e fago constar que as copias da execución e documentos presentados se atopan á súa disposición nesta secretaría, e apercíboo de que, se non comparece, será declarado en rebeldía e

seguirá o xuízo o seu curso sen volver a citalo nin facerlle outras notificacións cás que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo do saldo que o demandado percibe como empregado do Banco Central Hispanoamericano.

E para que así conste e lle sirva de citación en legal forma ó demandado en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado