Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 20 de novembro de 1996 Páx. 10.441

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (97/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía nº 97/1994, notifícaselles ós demandados José Ron Rivas e Natividade Miras Santomil, a sentencia dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o número 97/1994, entre partes, dunha, como demandante, Luis García Gómez, maior de idade, casado, industrial, veciño desta cidade, con domicilio en Avenida de Castelao 8, baixo, actuando en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio sito na Avenida de Castelao nº 8, bloque 19, na súa calidade de presidente dela, representado en autos pola procuradora Sánchez Silva, e dirixido polo letrado Trepat Silva, e

doutra, como demandados, Antonio Reboredo Botana e María del Carmen Vázquez Vázquez, maiores de idade, casados, veciños desta cidade, con domicilio en Avda. de Castelao, nº 8, bloque 19, piso 3-B e José Ron Rivas e Natividad Miras Santomil, maiores de idade, casados, veciños desta cidade, con domicilio en Avda. de Castelao nº 8, bloque 19, piso 3-C, todos eles incomparecidos en situación procesual de rebeldía, sobre acción reivindicatoria de propiedade común (propiedade horizontal) e outros extremos.

Resolvo: que, estimando en parte a demanda formulada pola procuradora Sánchez Silva, en nome e representación de Luis García Gómez, quen actúa como presidente da comunidade de propietarios do edificio sito na Avenida de Castelao nº 8, bloque 19, contra Antonio Reboredo Botana e María del Carmen Vázquez Vázquez, José Ron Rivas e Natividad Miras Santomil, todos eles incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno os demandados, como ocupantes dos pisos 3-B e 3-C respectivamente do citado inmoble, a que pechen os ocos practicados no forxado do teito do corredor existente entre a cociña e o dormitorio principal das súas vivendas, retirando a trapela e a escaleira pregable que permite o acceso desde cada unha das expresadas vivendas ó espacio superior baixo cuberta e, así mesmo, a que os dous primeiros demandados ceguen o oco e retiren a ventá tipo velux instalada na cuberta do inmoble, na vertical da citada trapela e escaleira, e ós dous últimos a que retiren

e ceguen igualmente a ventá situada na zona incorporada concretamente na dependencia contigua a dúas augas daquela en que se sitúa a escaleira, o que se levará a efecto en fase de execución de sentencia. Todo iso sen facer especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desa sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados, José Ron Rivas e Natividade Miras Santomil, declarados en rebeldía, expido este edicto para a súa inserción no DOG que asino en Santiago de, Compostela o oito de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado