Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, de 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Santa Marta-Albeos, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio s/n da L.M.T. Frieira-Arbo, rematando no C.T. que se proxecta en Santa Marta-Albeos, concello de Crecente.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 13 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20.000-380/220 V. R.B.T., aérea, de 355 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Orzamento: 3.255.324 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 4 de outubro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
96-8119