Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T. enlace polígono Torneiros e reforma C.T., coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 16 das liñas 13.23 e 13.24 Atios-Puxeiros ata o C.T. existente do polígono de Torneiros, o tramo aéreo e desde o apoio 4 da liña que se proxecta ata o C.T. do polígono de Torneiros, en tramo soterrado, concello do Porriño.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aéreo subterránea, a 20 kV, de 509 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 92 m de lonxitude o tramo soterrado, con conductor tipo R.H.V. Reforma C.T. polígono de Torneiros cun conxunto de delas compactas SF6.
Orzamento: 6.284.512 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 3 de outubro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
96-8117