Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 357/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Fraga-Seoane II, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 25 da L.M.T. 42.01 Balaídos-Gondomar rematando no C.T. que se proxecta en Fraga-Seoane II, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea núa, a 15 kV, de 239 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15.000-380/220 V. R.B.T., aérea, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Orzamento: 2.933.981 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 3 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-8114