Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 369/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Trabanca-Sardiñeira, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo aéreo desde o apoio n. 13 da L.M.T. ó C.T. Carril II rematando no apoio de cambio aéreo-soterrado nas inmediacións da C-550. Tramo soterrado ddesde o apoio n. 17 da L.M.T. ó C.T. Carril rematando no C.T. de Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.470 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., soterrada, de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 13.229.761 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 8 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-8116