Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de proxecto e execución, procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra clave OH-PO-1996.6.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial en Pontevedra.

c) Número de expediente: OH-PO-96.6.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso de proxecto e construcción, procedemento aberto, da estación depuradora de augas residuais en Moscoso. Pazos de Borbén.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: Pazos de Borbén.

d) Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.116.960 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial en Pontevedra.

b) Domicilio: Alcalde Hevia, s/n.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.

d) Teléfono: (986) 80 56 42.

e) Telefax: (986) 80 56 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación das proposicións ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou

festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra.

2. Domicilio: Alcalde Hevia, s/n.

3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36071.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa proposición: 3 meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Alcalde Hevia, s/n.

c) Localidade: Pontevedra, 36071.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 6 de novembro de 1996.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

8252