Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1996 pola que se anuncia o dictame do xurado no concurso de anteproxectos para a construcción dunha ponte sobre o río Miño en Ourense.

Concurso con intervención de xurado

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: (981) 54 49 86

2. Procedemento: aberto con participación de xurado.

3. Data do dictame do xurado: 31 de outubro de 1996.

4. Criterios: en función da calidade técnica da solución, da súa funcionalidade, adecuación ó contorno, calidade estética e encaixe orzamentario dentro das previsións da Administración.

5. Número de ofertas recibidas: inscritas previamente 19; presentaron anteproxectos 9.

6. Nome e dirección dos premiados:

-1º premio: Álvaro Varela de Ugarte e outros

Enderezo: Conde de Peñalver, 14-8º drta. 28006 Madrid

-2º premio: Carlos Fernández Casado, S.L.

Enderezo: R/Grijalba, nº9. 28006 Madrid.

-3º premio: Consultor de Ingeniería Civil, S.A.

Enderezo: R/ Córcega, 85. 08029. Barcelona.

7. Importe dos premios:

-1º premio: 5.000.000 de ptas. ( e a adxudicación da asistencia técnica de redacción do proxecto de construcción e asistencia técnica á dirección de obra).

-2º premio: 3.000.000 de ptas.

-3º premio: 1.000.000 de ptas.

8. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial das Comunidades Europeas: 15 de marzo de 1996.

9. Data de envío do anuncio: 7 de novembro de 1996

10. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 7 de novembro de 1996.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.

P.D. (O. do 13-121993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9608386