Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 19 de novembro de 1996 Páx. 10.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Proxecto de construcción alargamento e mellora da estrada PO-400 de Salvaterra de Miño (PO-404) a Filgueira (C-531). Treito: Arbo-Crecente.

Adxudicatario: Cubiertas y Mzov, S.A.

Orzamento: 607.250.593 ptas.

-Proxecto de construcción C-531. Treito: Celanova-Ramirás.

Adxudicatario: U.T.E. Viales y Construcciones-Taboada y Ramos S.L.

Orzamento: 518.588.711 ptas.

-Proxecto de construcción do alargamento e mellora da estrada AC-103. Felgosas-Somozas.

Adxudicatario: Dragados y construciones, S.A.

Orzamento: 386.512.167 ptas.

-Proxecto de construcción do alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín. Treito: Seoane-Mougan.

Adxudicatario: Francisco Gómez y Cia., S.L.

Orzamento: 223.362.000 ptas.

-Acondicionamento da estrada San Pedro de Nós a Mabegondo. Treito: Cecebre-Mabegondo.

Adxudicatario: Antonio Fernández Gerpe.

Orzamento: 24.400.000 ptas.

-Pavimentación AC-183. Sada-Meiras.

Adxudicatario: Explotaciones Gallegas, S.L.

Orzamento: 20.492.342 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8204