Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

BASES que rexerán para a provisión en propiedade mediante o sistema de oposición libre dunha praza de arquitecto técnico encadrada na escala de Administración especial, grupo B) do Concello de Cee.

1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é a provisión polo sistema de oposición libre dunha praza de arquitecto técnico, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo B), vacante no cadro de persoal deste concello e incluída dentro da oferta de emprego de 1996.

O aspirante proposto polo tribunal e nomeado pola alcaldía estará obrigado a presta-la xornada de traballo actual de mañá e tarde de acordo coa lexislación aplicable.

2. Requisitos dos aspirantes.

A) Ser español.

B) Ter 18 anos cumpridos e non exceder de 55 na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

C) Estar en posesión do título de arquitecto técnico, enxeñeiro técnico de obras públicas, arquitecto, enxeñeiro de camiños, canles e porto ou aparellador, ou en condicións de obtelos na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

D) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.

E) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, comunidades autónomas, entidades locales, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

F) Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determina a lexislación vixente.

3. Presentación de solicitudes.

As instancias polas que se solicite tomar parte na convocatoria dirixiranse ó alcalde e farase constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base 2ª e o compromiso de prestar xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Presentaranse no rexistro xeral deste concello no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do estracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Tamén poderán presentarse na forma prevista no artigo 28.4º da Lei 30/1992, do réxime xeral das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os dereitos de exame que se fixan na cantidade de cinco mil pesetas serán aboados polos aspirantes ó presentaren instancias, podendo ingresalas directamente na tesourería municipal, ou ben mediante xiro postal ou telegráfico, ou por ingreso directo na conta corrente que este concello ten aberta na Caixa de Aforros de Galicia co número 3000000014. Acompañarán á instancia o oportuno xustificante. A dita cantidade será devolta soamente no caso de que o aspirante non sexa admitido no proceso selectivo por falta de requisitos esixidos para participar.

4. Admisión de solicitudes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución na que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboeiro de anuncios da Casa do Concello, concederase un prazo de 10 días para reclamacións ou emenda de erros nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992.

As reclamacións, se é o caso, serán aceptadas ou rexeitadas en resolución que aprobe a lista definitiva que será publicada ó igual cá provisional. Contra esta resolución poderán interporse os recursos que prevén a referida lei.

5. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador das probas estará formado polos seguintes membros:

Presidente: o da corporación ou concelleiro en que delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia, tres (3) técnicos titulados expertos, designados polo Pleno da corporación por proposta dos diferentes grupos políticos do concello.

Secretario: o da Corporación ou funcionario en quen delegue.

Designaranse así mesmo os respectivos suplentes.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros.

En todo caso será precisa a asistencia do presidente e secretario.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, podendo ó mesmo tempo ser recusados, cando concorran as circunstancias previdas na lei.

Para os efectos de percepción de asistencias polos seus membros, cualificaranse en categoría 2ª conforme Resolución do 23 de marzo de 1993, actualizadora do Decreto 236/1988, do 4 de marzo.

6. Desenvolvemento do proceso selectivo.

Na resolución aprobatoria da lista definitiva de aspirantes e composición do tribunal cualificador, sinalarase o lugar, data e horas de realización do primeiro exercicio das probas. Este non poderá ter lugar ata transcorridos dous meses desde a data da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Entre a realización dun exercicio e o seguinte deberá transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 20 días.

Con carácter xeral e para aquelas probas que non puidesen realizarse conxuntamente aplicarase a resolución da Secretaría do Estado do Ministerio para as administracións públicas do 23 de febreiro de 1996 (BOE do 4 de marzo de 1996).

Para a realización dos exercicios, os aspirantes serán convocados en chamamento único, sendo excluídos os que non comparecesen, salvo casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

Realizado o primeiro exercicio, a publicación do seu resultado e data do seguinte en días sucesivos farase pública por anuncio no taboleiro de anuncios desta Casa do Concello.

A oposición constará de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios e dun obrigatorio, pero non eliminatorio, co seguinte contido:

Primeiro exercicio:

Consistirá en contestar por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, a un tema de entre dous sacados a sorte, dos que figuran no programa de materias do primeiro exercicio.

Segundo exercicio:

Consistirá en contestar por escrito, no tempo máximo de dúas horas, a dous temas de entre tres sacados a sorte, dos que figuran no programa de materias do seguindo exercicio.

Terceiro exercicio:

Consistirá no desenvolvemento por escrito, no tempo máximo dunha hora, dun exercicio práctico que determinará o tribunal en relación coas funcións que se teñen que desenvolver propias da praza.

Cuarto exercicio:

De carácter obrigatorio e non eliminatorio, consistirá na traducción de dous textos, que facilitará o tribunal inmediatamente antes da súa práctica,

un de galego para castelán e outro de castelán para galego cun tempo máximo dunha hora e sen axuda do diccionario.

Os programas dos tres primeiros exercicios obrigatorios figuran no anexo que se xunta ás presentes bases.

7. Cualificación das probas.

Os tres primeiros exercicios obrigatorios e eliminatorios cualificaranse ata un máximo de 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non alcancen un mínimo de 5 puntos.

O número de puntos que poderá outorgar cada membro do tribunal en cada un deles será de 0 a 10 puntos.

O cuarto exercicio, tamén obrigatorio pero non eliminatorio, será cualificado de 0 a 5 puntos na mesma forma referida anteriormente.

As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións concedidas polos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes; o cociente que resulte será a cualificación obtida.

Como regra xeral, non serán tidas en conta as puntuacións dadas polos diferentes membros do tribunal, para determina-la cualificación do aspirante, que supoñan unha diferencia entre elas de máis de tres puntos.

A puntuación final e a orde de cualificación definitiva dos aspirantes virá determinada pola suma dos puntos obtidos no conxunto dos exercicios da oposición.

A relación definitiva dos aspirantes aprobados, que non poderá exceder do número de prazas convocado, elevarase coa oportuna proposta de nomeamento ó presidente da corporación para que dicte a preceptiva resolución.

8. Presentación de documentos e toma de posesión.

A alcaldía comunicará ó aspirante proposto para a praza a resolución e requirimento para que no prazo de vinte días naturais presente na secretaría municipal os documentos acreditativos de todos e cada un dos requisitos sinalados na base 2ª.

Se o aspirante tivese a condición de funcionario público, estará exento de xustificar documentalmente as condicións ou requisitos xa demostrados para a obtención do seu anterior nomeamento, deberá presentar, en tal caso certificado do organismo do que dependa, acreditando a súa condición e as circunstancias que consten na folla de servicios.

Se dentro do prazo indicado, e salvo casos de forza maior, o aspirante non presentase a documentación ou non acreditase reuni-los requisitos establecidos, non poderá procederse ó seu nomeamento, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidese ter incurrido por falsidade na instancia presentada para

tomar parte na oposición. Neste caso e para os efectos de ser propostos para a praza, consideraranse suplentes o resto de aprobados por orde de puntuación segundo a lista de cualificación definitiva dos aspirantes.

Unha vez presentada a documentación, o aspirante deberá tomar posesión do seu cargo dentro do prazo de vinte días naturais, a partir da data de notificación do seu nomeamento e prestará xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

9. Facultades do tribunal.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que puideran presentarse se para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición, en todo o non previsto nas presentes bases.

10. Recursos contra a convocatoria e os seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán ser impugnadas polos interesados, nos casos e na foma restblecida na Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cee, 31 de xullo de 1996.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde-presidente

ANEXO

Programa para a praza de arquitecto técnico deste Concello de Cee.

Materias do primeiro exercicio

Tema 1. A Constitución española. Antecedentes. Características.

Tema 2. Título preliminar. Dereito e deberes fundamentais dos españois. Garantías constitucionais.

Tema 3. A Coroa. As Cortes Xerais.

Tema 4. O Goberno e a Administración do Estado. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais.

Tema 5. A organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía.

Tema 6. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 7. A Administración local. Entidades que comprende. Regulación actual.

Tema 8. Os órganos de Goberno Municipal. O alcalde. A Comisión de Goberno. O Pleno.

Tema 9. A provincia. Organización e competencias.

Tema 10. O persoal de servicio da Administración local. A función pública local e a súa organización. Deberes e dereitos dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 11. O acto administrativo. Eficacia e efectividade. Nulidade e anulidade.

Tema 12. Os bens das entidades locais. Réxime xurídico de utilidade dos bens de dominio público.

Tema 13. O servicio público na esfera local. Modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 14. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ámbito de aplicación. Fases do procedemento.

Tema 15. O orzamento: concepto e clases. O orzamento das entidades locais.

Materias do segundo exercicio

Tema 1. Disposicións relacionadas coa edificación. Normas. Regulamento e instruccións: contidos e obrigatoriedade.

Tema 2. Normas básicas de edificación (NBE) e normas tecnolóxicas de edificación (NTE). Obrigatoriedade. Normas básicas en vigor e contidos. Normas tecnolóxicas: clasificación e especificacións.

Tema 3. Contratación de obras. Lexislación vixente. Disposicións xerais: ámbito de aplicación, requisitos para coa Administración: clasificación e rexistro de empresas.

Tema 4. Os procedementos e as formas de contratación. Normas xerais do procedemento. O procedemento restringido. O procedemento negociado.

Tema 5. O contrato de obras. Disposicións xerais. Execución e modificacións do contrato de obras. Extinción do contrato. Prazos. Resolución do contrato: causas e efectos. Execución de obras pola propia Administración.

Tema 6. Accións na edificación. Norma básica vixente. Movemento de terras, medidas de seguridade. Cimentacións, seguimento, control e inspección.

Tema 7. Formigóns: normativa; consideracións xerais, compoñentes básicos e control de calidade destes, execución e control de calidade delas, tipo de formigóns.

Tema 8. Cubertas: normativa e materiais de cubrición.

Tema 9. Enfocado de chans, normativa, materiais e condicións de execución. Enfoscado de paredes e teitos: normativa: materiais e condicións de execución.

Tema 10. Instalacións de electricidade: normativa, subministración de baixa tensión, previsión de cargas; instalacións de enlace, esquemas, acometidas, protección, porta terra.

Tema 11. Distribución de auga fría, normativa, esquema de trazados de instalación e compoñentes dela.

Tema 12. Evacuación e saneamento: normativa. Clasificación das redes de evacuación: esquemas e compoñentes deles.

Tema 13. Instalación de gases combustibles: normativa, clasificación dos gases combustibles, descrición da instalación.

Tema 14. Instalacións varias: aparellos elevadores; telefonía; radio; televisión, normativa, xeneralidades e esquemas.

Tema 15. Protección contra incendios: normativa sobre protección contra incendios nos edificios: instalacións de protección. Detección automática e estinción; condicións xerais de utilización, condicións xerais de evacuación dos edificios.

Tema 16. Acondicionamento térmico dos edificios: normativa sobre condicións térmicas dos edificios; proceso de cálculo de kG. dos edificios: condensaciones, control, recepción e ensaio de materiais aislantes.

Tema 17. Acondicionamento acústico dos edificios, normativa sobre condicións acústicas dos edificios, condicións esixibles nos elementos constructivos; control, recepción e ensaio de materiais.

Tema 18. Iluminación interior, iluminación exterior. Niveis de iluminación, tipo de lámpadas, magnitudes e unidades de medida.

Tema 19. Control de calidade: normativa técnica para o control de calidade. O control de calidade no proceso construtivo (control de materiais e de execución de obra).

Tema 20. Seguridade e hixiene: normativa e regulamento, estudio de seguridade.

Tema 21. Medición e valoración, criterios de medición das unidades de obra, prezos unitarios e auxiliares e descompostos, valoración de obra en execución e ramtadas; presupostos de execución e contrata.

Tema 22. Obras de paso. Coleccións oficiais de pequenas obras e pontes. A súa utilización. Túneles de estradas. Criterios de proxectos, normativa, conservación e explotación.

Tema 23. Conservación de estradas. Organización e medios de conservación. Viabilidade invernal. Conservación con medios propios. Maquinaria e materiais.

Tema 24. Explotación de estradas. Sinalización; balizamento, iluinación e defensas. Servicios auxiliares. Información ó público.

Tema 25. A Lei do solo de Galicia. Características xerais.

Tema 26. O Regulamento de planeamento. Características xerais.

Tema 27. A Lei de adaptación da Lei do solo a Galicia. Características xerais.

Tema 28. A Lei de costas. Características xerais.

Tema 29. A Lei de estradas de Galicia. Características xerais.

Tema 30. Normativa sobre xestión de residuos sólidos. Características xerais.

As normas complementarias e subsidiarias do Concello de Cee

Tema 31. Ordenanzas xerais. Normas de tramitación e procedemento. Xeneralidades. Información urbanística. Tramitación de plans parciais e a súa modificación. Proxectos de urbanización. Aliññacións. Trazados e rasantes.

Tema 32. Disposicións xerais sobre licencias. Licencias de parcelación e segregación. Condicións xerais das licencias: validez, caducidade.

Tema 33. Licencias de obra de urbanización e movemento de terras. Licencias de obras de edificacións e demolicións.

Tema 34. Execución de obras: conclusión de obras e instalacións. Licencias de apertura e funcionamento de industrias e actividades: licencia de primeira ocupación.

Tema 35. Ordenanzas e normativa urbanística particulares. Ordenanzas particulares no solo urbano. Normativa urbanística no solo urbano.

Tema 36. Ordenanzas particulares no solo apto para urbanizar. Ordenanzas particulares no solo non urbanizable. Condicións obxectivas que dn lugar a formación de núcleo de poboación.

8335