Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente para a adquisición dun sistema de esterilización por gas e dun sistema de esterilización por vapor (expediente 32/1996); adquisicións de mobiliario clínico (expediente 33/1996); adquisición de aparellos médicos, (expediente 34/1996), adquisicións de diverso instrumental de traumatoloxía e de cirurxía torácica (expediente 35/1996), e adquisicións de equipamentos cuartos de enfermos (composto de: 1 cama; 1 mesa de noite; 1 cadeira de brazos; 1 porta-soros para cama; 1 cadeira) (expediente 36/1996), para o complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca os seguintes concursos:

-Expediente 32/1996.

1. Obxecto: adquisicións dun sistema de esterilizacións por gas e dun sistema de esterilizacións por vapor.

2. Orzamento: 29.525.000 ptas. IVE incluído.

-Expediente 33/1996.

1. Obxecto: adquisicións de mobiliario clínico.

2. Orzamento: 13.235.000 ptas. IVE incluído.

-Expediente 34/1996.

1. Obxecto: adquisicións de aparellos médicos.

2. Orzamento: 18.986.000 ptas. IVE incluído.

-Expediente 35/1996.

1. Obxecto: adquisicións de diversos instrumental para traumatoloxía e cirurxía torácica.

2. Orzamento: 4.000.000 de ptas. IVE incluído.

-Expediente 36/1996.

1. Obxecto: adquisicións de equipamentos de cuartos de enfermos (compuesto por: 1 cama; 1 mesa

de noite; 1 cadeira de brazos; 1 porta-soros para cama; 1 cadeira).

2. Orzamento: 10.550.000 ptas. IVE incluído.

3. Prazo de execucións: 30 días desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

5. Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas ás que se licite (expedientes: 33, 34, 35 e 36/1996), 2% do orzamento de licitación (expediente 32/1996).

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119 do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación.

-Expte. 32/1996.

1. Prezo: ata 4 puntos.

2. Calidade técnica: ata 4 puntos.

3. Servicio técnico: ata 2 puntos.

-Expte. 33, 34, 35 e 36/1996.

1. Prezo: ata 4 puntos.

2. Calidade técnica: ata 4 puntos.

3. Garantía: ata 1 punto.

4. Prazo de entrega: ata 1 punto.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cies, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono nº 986-81 60 23 e fax nº 986-81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes da 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación de esta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarase en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: os anuncios dos presententes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 8 de novembro de 1996.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

7099