Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CÉDULA do 25 de outubro de 1996 de notificación de determinados trámites de expedientes hidráulicos, devolta polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario (Sacal, S.A.)

Por medio desta cédula notifícaselle á entidade Sacal, S.A., con último domicilio coñecido na rúa Dos de Mayo, 8, Valladolid, que, en relación coa solicitude da concesión do aproveitamento hidroeléctrico dun tramo dun leito público de potencia inferior a 5000 kVA no concello da Lama, achegada por José González Vélez en nome e representación de Sacal, S.A., o seguinte:

Primeiro.-Que a súa instancia se acumula ó expediente DH.A36.1345 relativo á solicitude dunha concesión de augas públicas para un aproveitamento con destino á producción de enerxía eléctrica no concello da Lama, do cal se publicou no BOP de Pontevedra nº 181 do 18 de setembro de 1996 o preceptivo anuncio de apertura do trámite de competencia de proxectos.

Segundo.-No caso que vostede desexe modificar, ampliar e actualiza-la documentación presentada no seu día poderá, ou ben presentarse ó devandito trámite de competencia de proxectos unha documentación complementaria a aquela, ou ben, achegar unha nova no prazo dun (1) mes, contado desde a data da publicación deste anuncio ou, no caso de que fose posterior a esta, desde o derradeiro día de exposición desta notificación no concello correspondente ó último domicilio coñecido do peticionario.

Se vostede non concorrera ó trámite de competencia no prazo sinalado, incluirase de oficio a súa solicitude e a documentación adxunta presentada no seu momento.

Para que conste e sirva de notificación ó citado interesado, os efectos previdos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, toda vez que intentada a noti

ficación persoal, foi devolta polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela a 25 de outubro de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia

8338