Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

Obxecto do contrato: é a contratación da asistencia sanitaria para os funcionarios integrados na Seguridade Social.

Prezo do contrato: o prezo do contrato será o que oferte o adxudicatario do concurso, sendo o prezo de partida de 4.537 ptas. por beneficiario existente en cada liquidación mensual.

Prazo do contrato: a duración deste contrato será desde as 0 horas do día primeiro de xaneiro de 1997 e se estenderá ata as 24 horas do 31 de decembro de 1997, sendo prorrogable por ñanos sucesivos, conforme pregos de condicións.

Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional será a de 400.000 ptas.

A garantía definitiva será do 4% do prezo de adxudicación que resulte estimado para un ano.

Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de licitacións (secretaría xeral) en man, das 9.30 ás 13.30 horas, durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no DOG e no BOP último que se produza.

As proposicións axustaranse ó modelo que consta no prego de condicións (cláusulas administrativas).

Documentación: os licitadores, xunto coa súa proposición presentarán a documentación a que se refire a cláusula XI do prego de condicións (cláusulas administrativas) e nos sobres que figuran nela.

Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións do concello, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que a mesa de contratación proceda á apertura dos sobres de documentación.

Pregos de condicións: están a disposición dos interesados na secretaría da Casa do Concello, tódolos días laborais, dirante as horas de oficina, agás o sábado.

De conformidade co disposto no artigo 122 do R.D.L. 781/1986, os pregos de condicións expóñense ó público polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte óa da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, pra que poidan presentarse reclamacións, anunciándose simultaneamente ó concurso público, se ben a licitación aprazarase cando resulte necesario no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Vilagarcía de Arousa, 7 de novembro de 1996

Joaquín Javier Gago López

Alcalde

96-8345