Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de novembro de 1996 pola que se amplía o prazo do concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado por Orde do 15 de outubro de 1996 (DOG do 4 de novembro).

Por Orde do 14 de outubro de 1996 (BOE do 22) establécense as normas procedimentais aplicables ós concursos de traslados de ámbito nacional, que deben convocarse durante o curso 1996/1997 para os funcionarios dos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo.

No apartado segundo de dita orde establécese que o prazo de presentación de instancias de participación para o concurso será, para o corpo de mestres, do 4 ó 20 de novembro, ámbolos dous inclusive.

Nalgunhas administracións con competencias en materia de educación, xurdiron problemas que obrigan a ampliación do prazo previsto na orde que

se indica, polo que, tratándose de concurso de ámbito nacional, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Para efectos de presentación de instancias de participación para concurso de traslados de ámbito nacional no corpo de mestres, o correspondente prazo ampliarase ata o día 27 de novembro do actual ano, inclusive.

Segundo.-A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos prazos e forma establecidos na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo, previa comunicación da súa interposición a esta consellería, tal e como esixe o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

8422