Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de outubro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo por Orde do 4 de setembro de 1996 (DOG nº 183, do 18 de setembro de 1996) esta consellería no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente orde.

A toma de posesión deberase facer no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta o seu servicio o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido

no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A Xefatura de Persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada será remitida copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Nº rexistro persoal: 64310957 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Lamela Rozas, Crisanto Jesús.

posto de traballo e código R.P.T.: xefe Servicio de Turismo. PRP 191000015001001.

Nivel: 28.

Localidade: A Coruña.

Dependencia: Secretaría Xeral para o Turismo.

8465