Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de outubro de 1996 pola que se lle dá publicidade á Resolución do 7 de outubro da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocada pola resolución da dita dirección xeral do 19 de abril de 1996 (BOE do 9 de maio).

Advertidos erros na orde publicada no DOG número 218, do 7 de novembro de 1996, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

Na páxina 9.982, na relación de nomeamentos:

No concello de Carballo, onde di: «Gonzélez-Baylen López, Mª África», debe dicir: «González Baylin López, Mª África»; no concello de Gondomar, onde di: «Mernino Gil, Ana Begoña», debe dicir: «Merino Gil, Ana Begoña»; no concello de Dumbría, onde di: «Cobasa Cotelo, Constantino», debe dicir: «Cobas Cotelo, Constantino»; no concello de Rodeiro, onde di: «Conde López, Monteserrat», debe dicir: «Conde López, Montserrat».

8346