Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 18 de novembro de 1996 Páx. 10.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da contratación de asistencia técnica para a realización dos traballos da segunda fase de avaliación intermedia do P.O Rexional de Galicia 1994-1999 cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

A Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea, convoca o seguinte concurso público aberto:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E.

c) Número de expediente: 96/05/1319.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización dos traballos da segunda fase de avaliación intermedia do P.O. Rexional de Galicia 1994-1999 cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

b) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o día 31-5-1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 6.00.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento da licitación: 120.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do orzamento da licitación: 240.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa U.E.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: 15702 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: (981) 54 51 32.

e) Telefax: (981) 54 51 33.

f) Data límite de obtención: os días e horas hábiles de oficina, ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Prazo: comenará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás catorce horas do vixesimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe presentar: os licitadores presentarán toda a documentación que se específica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado segundo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formularase conforme ó modelo que se xunta

como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: mesa de contratación da Consellería de Economía e Facenda.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios:

Os anuncios e demáis gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

8423