Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.293

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria da ebanistería e afíns.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector da industria de ebanistería e afins (código 2700245), da provincia de Lugo, asinado o día 29 de maio de 1996, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería e das centrais sindicais CIG, UGT, CC.OO e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real Decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de xuño de 1996.

Carlota Novo Ríos

Secretaria provincial de Lugo

(Dto. 13/94, do 20.1)

Acta

Asistentes.

Pola Asociación de Empresarios de Ebanistería da provincia de Lugo.

Ángel Hermida Seivane.

Julio Moure López.

Manuel López Insua.

José Manuel López Barreal.

Mª José Muñoz Rodríguez.

Mª Jesús Pena Montouto.

Gonzalo Expósito Choren.

Polas centrais sindicais.

CIG(2)

Guillermo Rey Rouco.

Ignacio Javier García Gómez.

UGT(2)

Jesús Darriba Burgo.

Luis Castro Varela.

CC.OO.(2)

Jesús Varela Lodeiro.

Miguel Mendoza Sánchez.

USO(1)

Jesús Cantero Pérez

En Lugo, sendo as 17 horas do día 29 de maio de 1996, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión mixta paritaria prevista no artigo 3 do vixente convenio colectivo para a industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo, co obxecto de proceder á aplicación da cláusula de revisión salarial prevista no parágrafo segundo do artigo 11 bis do convenio colectivo para a industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo.

Despois das deliberacións pertinentes adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-la táboa de atrasos do convenio con vixencia desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1995, atrasos que terán que facerse efectivos dentro do mes seguinte á acta.

Segundo.-Aproba-la táboa de salarios do ano 1995 que servirá de base para aplica-lo incremento salarial que se pacte para o convenio colectivo para a industria de ebanistería e afíns da provincia de Lugo do ano 1996.

Terceiro.-Remiti-la presente acta á autoridade laboral pertinente para efectos da súa aprobación e publicación.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a sesión no lugar e na data indicados.

Táboa de atrasos convenio de industria de ebanisteria e afins da provincia de Lugo (Diferencia entre o incremento do 4,8% e o incremento xa aboado do 3,5%). Vixencia: 1-1-1995 ó 31-12-1995

Categoria profesional Atrasos díaAtrasos ano

Encargado e similares 4219.110

Oficial de 1ª Conduc. e Asimil. 4319.565

Oficial de 2ª Conduc. e Asimil. 4118.655

Peón, axudante e asimilados 4118.655

Aprendiz de 17 anos 2511.375

Aprendiz de 16 anos 2310.465

Categoría profesional Atrasos mesAtrasos ano

Xefe de oficina e proxectista 1.28619.290

Oficial de 1ª Adm. e xefe taller 1.27319.095

Oficial de 2ª Adm. e xefe taller 1.12016.800

Auxiliar administrativo 1.21518.225

Aprendiz maior de 18 anos 1.19917.985

Táboa salarial convenio de industria de ebanisteria e afins da provincia de Lugo (unha vez aplicada a revisión do 4,8%; táboa base para aplica-lo incremento de 1996).Vixencia: 1-1-1995 ó 31-12-1995

Categoria profesional Salario díaSalario ano

Encargado e similares 3.4381.564.290

Oficial de 1ª Conduc. e Asimil. 3.4281.559.740

Oficial de 2ª Conduc. e Asimil. 3.3191.510.145

Peón, axudante e asimilados 3.2481.477.840

Aprendiz de 17 anos 2.059936.845

Aprendiz de 16 anos 1.839836.745

Categoria profesional Salario mesSalario ano

Xefe de oficina e proxectista103.6551.554.825

Oficial de 1ª Adm. e xefe taller102.6911.540.365

Oficial de 2ª Adm. e xefe taller 99.8211.497.315

Auxiliar administrativo 97.9161.468.740

Aprendiz maior de 18 anos 96.7321.450.980

6869