Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.293

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector das axencias de distribución de butano.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector das axencias de distribución de butano (código 2700015), da provincia de Lugo, asinado o día 4 de xuño de 1996, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Distribución de Butano e da central sindical CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegacion provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de xuño de 1996.

Carlota Novo Ríos

Secretaria provincial de Lugo

(Dto. 13/1994, do 20-1)

ACTA

Asistentes:

Pola Asociación Provincial de Empresarios de Distribución de Butano de Lugo:

José Luis Coldeira Amor

Guadalupe Hervera Iglesias

Polas centrais sindicais:

CIG(2)

Mª del Carmén Antas Pérez

Ignacio Javier García Gómez

En Lugo, sendo as 17 horas do día 4 de xuño de 1996, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión mixta paritaria prevista no artigo 5 do vixente convenio colectivo provincial de distribución de butano de Lugo para proceder á aplicación da cláusula de revisión salarial prevista no parágrafo segundo do artigo 4 bis do convenio colectivo provincial de distribución de butano de Lugo.

Despois das deliberacións pertinentes adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-la táboa de salarios do ano 1995 que servirá de base para aplica-lo incremento salarial que se pacte para o convenio colectivo provincial de distribución de butano de Lugo do ano 1996.

Segundo.-Os atrasos que resulten da aplicación da táboa de salarios aprobada e que se xunta á presente acta faranse efectivos dentro do mes seguinte á publicación da presente acta.

Terceiro.-Remiti-la presente acta á autoridade laboral pertinente para efectos da súa aprobación e publicación.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a sesión en lugar e data indicados.

Táboa salarial do convenio de distribución de butano de Lugo. Vixencia: 1/1/1995 ó 31/12/1995

Categoría profesionalSoldo díaSoldo mensual

Persoal administrativo
Xefe de Persoal3.753112.590
Encargado xeral3.22296.660
Encargado de almacén2.87386.190
Xefe de negociado2.81084.300
Oficial de 1ª2.85485.620
Oficial de 2ª2.73081.900
Auxiliar Administrativo2.76382.890
Cobrador2.43773.110

Persoal obreiro
Conductor camión pesado3.753112.590
Conductor reparto2.87386.190
Mecánico visitador2.69680.880
Mecánico instalador2.83184.930
Conductor de carreta2.82984.870
Mozo de reparto2.59477.820
Mozo de almacén2.59477.820
Garda2.59477.820

Persoal auxiliar
Limpadora2.59477.820

6830