Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 15 de novembro de 1996 Páx. 10.280

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 2 de outubro de 1996 pola que se modifica a do 26 de febreiro de 1996, pola que se aproba o Regulamento de funcionamento do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

O Decreto 354/1996, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 307/1995, do 13 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia e se establece a súa composición e o seu réxime de funcionamento, obriga a modificar parcialmente a Orde do 26 de febreiro de 1996, pola que se aproba o Regulamento de funcionamento do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia. Adscríbese, sen prexuízo da súa independencia funcional, á Consellería de Cultura e Comunicación Social, a través da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

Na súa virtude, e en uso das facultades outorgadas ó conselleiro de Cultura e Comunicación Social pola disposición derradeira primeira do Decreto 354/1996, do 19 de setembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase o artigo 9º da Orde do 26 de febreiro de 1996, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo 9º.-Atribucións do vicepresidente terceiro.

1. Substitúí-lo vicepresidente segundo en caso de vacante, ausencia, enfermidade u outra causa legal.

2. Auxilia-lo vicepresidente primeiro e segundo no desempeño das súas funcións.

3. Exerce-las facultades dos vocais que se enumeran no artigo 11º.

4. Desempeña-las funcións que o vicepresidente primeiro e segundo lle deleguen.

Os vicepresidentes cesarán nas súas funcións cando cesen no cargo que os faculta para formar parte do Consello Asesor, a teor do que dispón no artigo 3 do Decreto 354/1996, do 19 de setembro».

Artigo 2º

Modifícase o artigo 14º da Orde do 26 de febreiro de 1996, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo 14º.-Natureza.

Ó secretario, que será un funcionario da Consellería de Cultura e Comunicación Social, correspóndelle a Dirección da Secretaría do Consello, como órgano permanente de asistencia e apoio ó Consello.

O secretario exercerá de secretario do Pleno e da Comisión Permanente, e poderá asistir ás reunións das ponencias».

Artigo 3º

Modifícase o artigo 17º da Orde do 26 de febreiro de 1996, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo 17º.-Colaboradores do secretario.

O secretario será auxiliado, no labor preparatorio das actuacións do Consello, polo secretario suplente e o persoal da Consellería de Cultura e Comunicación Social».

Artigo 4º

Modifícase o artigo 18º.1 da Orde do 26 de febreiro de 1996, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo 18º.-Secretario suplente.

1. O secretario suplente será designado polo presidente entre funcionarios da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

2. O secretario suplente substituirá o secretario en caso de vacante, ausencia, enfermidade o outra causa legal.

3. O secretario suplente exercerá as funcións de auxilio e apoio ó secretario no desempeño de tódalas súas facetas».

Artigo 5º

Modifícase o artigo 31º.10 do capitulo VI, comisión permanente, da Orde do 26 de febreiro de 1996, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo 31º.-Funcións.

10. Estudiar e informar sobre a modificación ou revisión do Regulamento de funcionamento do Consello, podendo propoñer ó Pleno a emisión de informe ó respecto».

Artigo 6º

Modifícase o artigo 43º.3 do capítulo VIII, Secretaría do Consello, da Orde do 26 de febreiro de 1996, que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo 43º.-Natureza e composición.

3. Os funcionarios da Consellería de Cultura e Comunicación Social que se lle asignen».

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

8312