Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996 pola que se convoca concurso aberto para a concesión da xestión integral do servicio de abastecemento de auga, saneamento e mantemento da estación depuradora de augas residuais de Miño.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Miño.

Dependencia: secretaría xeral.

Número expte.: 16/1996.

2. Obxecto do contrato: a concesión administrativa da xestión integral do servicio de abastecemento de auga, saneamento y mantemento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Miño.

3. Duración: dez anos prorroglables por períodos de cinco anos, ata o máximo legal, salvo denuncia expresa por algunha das partes.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

5. Tipo de licitación: os licitadores farán constar de dorma expresa no modelo de proposta o prezo anual que se percibirá.

6. Garantía provisional: 500.000 ptas.

7. Garantía definitiva: 4% do valor anual do servicio.

8. Obtención de documentación e información: Concello de Miño. Xeneral Franco, 98. 15630 Miño. Teléfono (981) 78 20 06. Fax (981) 78 31 75, ata que remate o prazo de presentación de proposicións.

9. Requisitos específicos do contratista: clasificación: (sevicios) grupo III, subgrupo 5, categoría D (obras), grupo E, subgrupo 1, 4, 5 e 7 categoría C.

Xustificante da existencia dunha póliza de responsabilidade civil na contía suficiente para cubri-los riscos do servicio.

Acredita-la capacidade económica do licitador.

10. Presentación de ofertas: as proposicións deberán ser axustadas ó modelo inserto no prego de condicións, e presentaranse no Concello de Miño, no prazo de 26 días naturais, a partir do seguinte ó da última publicación no BOE, BOP ou DOG.

11. Apertura de proposicións: no Concello de Miño, ás trece horas do cuarto día hábil seguinte, que non sexa coincidente con sábado, a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

12. Gastos de anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Miño, 22 de outubro de 1996.

Deogracias Romeu López

Alcalde

8286