Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co acordado pola Corporación Provincial, na sesión do 25 de outubro de 1996, anúnciase concurso para contrata-la concesión do servicio de abastecemento de auga ó polígono de San Cibrao das Viñas e concellos limítrofes.

Os pregos de condicións publícanse íntegros no BOP de Ourense do día 4 de novembro e seranlles facilitados gratuitamente ós interesados. A fianza provisional para concorrer ó concurso é de 1.000.000 de ptas. e a fianza definitiva de 50.000.000 de ptas.

As ofertas e documentación presentaranse no rexistro xeral da deputación ata as 12 horas do vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ó da publicación do pertinente anuncio no BOE.

Modelo de proposición: Don/Dona... veciño de..., con enderezo na rúa..., número..., DNI..., actuando en nome propio/ou en representación de..., segundo poder verificado a súa suficiencia que se achega, informado do anuncio publicado pola deputación no BOE número..., correspondente ó día..., de..., de..., e no BOP de Ourense número..., correspondente ó día... de... de..., relativo ó expediente instruído para adxudica-la concesión administrativa mediante concurso para a concesión da explotación do servicio de abastecemento de augas ó polígono industrial de San Cibrao das Viñas e concellos limítrofes, con coñecemento do prego de condicións económico-administrativas e técnicas e demais documentos que integran o expediente do citado concurso, no nome e representación invocada afirma:

1. Que acepta na súa integridade o prego de condicións económico-administrativas e técnicas referentes ó concurso para a explotación do servicio de abastecemento de auga ó polígono industrial de San Cibrao das Viñas e concellos limítrofes.

2. Que se compromete, no caso de ser adxudicatario do concurso, á prestación dos servicios obxecto do contrato, suxeitándose en todo momento ás condicións establecidas e demais disposicións aplicables, as cales manifesta coñecer nas seguintes condicións:

Que o canon que percibirá a deputación é de... (en letra e número) ptas./m facturado ós aboados, que resulta da diferencia entre a tarifa media (... en letra e número ptas./m) vixente neste momento e o custo unitario do servicio (ou retribución proposta de... en letra e número) ptas./m.

3. Que propón un volume de investimento de... (en letra e número) ptas. para a execución do plano de investimentos.

4. Únense ademais, duplicado dos documentos previstos nas letras b) e c) da cláusula 35.1. (data e sinatura).

Información: Secretaría xeral da deputación e sección de Vías e Obras. Rúa Progreso, 32. Teléfono 38 51 00.

Ourense, 8 de novembro de 1996.

O presidente

Rubricado