Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 29 de outubro de 1996 polo que se anuncia a aprobación inicial do proxecto de urbanización de nova rúa na estrada vella de Santiago de Compostela (fronte ó camiño de Pontegaos).

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 23-10-1996 o proxecto de urbanización de nova rúa na estrada vella de Santiago de Compostela (fronte o camiño de Pontegaos), redactado polo arquitecto Luis Asorey Daviña, por solicitude de Genaro Somoza Rodríguez e outros, cun orzamento de execución por contrata de 13.601.193 ptas.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública por prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentárense reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 29 de outubro de 1996.

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario

7901