Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.259

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1996 pola que se convoca, por libre designación entre funcionarios de carreira, postos vacantes no cadro de persoal funcionario de Administración e servicios desta universidade.

Vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, resolve convoca-la libre designación entre funcionarios os anteditos postos, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria.

1. Requisitos dos candidatos.

Poderán concursa-los funcionarios que pertenzan ós grupos de titulación esixidos para o posto convocado.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiránselle ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles a partir da data de publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, no rexistro do campus de Lugo, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

3. Méritos.

Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

4. Adxudicación de postos.

No caso de resultar seleccionado para ocupa-los postos de traballo relacionados co anexo algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

5. Norma derradeira.

A presente convocatoria e as súas bases, así como cantos actos administrativos se deriven desta, poderán ser recorridos polos interesados, de conformidade co establecido na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1996.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

-1 posto de secretaria de dirección para a vicexerencia do campus de Lugo.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 524.508 ptas.

-1 posto de secretaria de dirección para a xerencia adxunta.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 524.508 ptas.

9606995