Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.260

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (32/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo de menor contía seguidos co número 32/1996, se dictou con data do trinta de maio de 1996 sentencia que ten o encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado con número 32 de 1996, entre partes, dunha, como demandante, a entidade Banco Central Español de Crédito, S.A., domiciliada en Madrid, representada en autos pola procuradora Goimil Martínez, asistida do letrado Varela Ferreiro, e doutra, como demandado, Ángel Lourido Mosquera, maior de idade, veciño que foi desta cidade, actualmente en paradoiro descoñecido, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que estimando a demanda formulada pola procuradora Goimil Martínez, en nome e representación da entidade Banco Español de Crédito, S.A., contra Ángel Lourido Mosquera, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a que lle satisfaga á mercantil demandante a suma de 1.464.148 pesetas, con máis os xuros legais desde a interpelación xudicial e ó pagamento das custas causadas no proceso.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde Ángel Lourido Mosquera, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o dez de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9607059